Holargos
|
Información xeral
|
Nome
|
Αθλητική Ένωση Χολαργού
|
Liga
|
A1 Ethniki
|
Fundación
|
1982
|
Cores
|
Azul, vermello
|
Presidente
|
Spyros Boumbouras
|
Adestrador
|
Sotiris Manolopoulos
|
Localización
|
Cidade
|
Atenas, Grecia
|
Pavillón
|
K. G. H. Antonis Tritsis
|
Capacidade
|
1.665
|
O Athlitiki Enosi Holargou (en grego: Αθλητική Ένωση Χολαργού), usualmente coñecido como Holargos, é un club de baloncesto profesional grego con sede en Colargos, Atenas (Ática). Fundado en 1982, actualmente xoga na A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto heleno. O seu pavillón como local é Kleisto Gimnastirio Holargou Antonis Tritsis, recinto con capacidade para 1.665 espectadores.
Historia
O Holargos foi fundado en 1982 en Colargos, un barrio de 45.000 habitantes ao nordeste da cidade de Atenas, famoso por ser o lugar de nacemento de Pericles. No momento da súa fundación era o único club de baloncesto masculino da zona. O seu nacemento foi como club afeccionado, dependendo o seu funcionamento de subvencións e das cotas dos abonados.[1] No ano 2009 o club consegue o ascenso á cuarta división do baloncesto heleno (G Ethniki). Nesta categoría permanece até que consegue ascender á terceira categoría (B Ethniki). Despois de tres anos, en 2016 o club fusionouse co Livadeia para poder competir na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto.[2] Para preparar o seu primeiro ano na A2 o club fichou xogadores de nivel para a categoría como Nikos Angelopoulos, Georgios Apostolidis, Georgios Tsiakos, Igkor Milosevits e Kevin Bleeker. Este último foi, ademais, o primeiro xogador non grego en xogar no club. Dous anos despois, en 2018, o equipo consegue o ascenso á A1 Ethniki, máxima categoría helena, tras vencer na final dos play-offs de promoción ao Apollon Patras.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas