Hipólito Rodríguez Soto

Modelo:BiografíaHipólito Rodríguez Soto
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo, debuxante, pintor Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 892

Hipólito Rodríguez Soto, nado en Vigo cara a 1915, foi un tipógrafo, debuxante e pintor galego.

Traxectoria

Aos trece anos participou nunha exposición colectiva en Faro de Vigo. Tipógrafo veciño de Bembrive, militante do Partido Comunista de España, era secretario do Centro de Estudios Sociales y Científicos La Libertad de Bembrive. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. O xuíz militar de Vigo reclamou a súa presentación mediante requisitoria o 11 de outubro de 1936 xunto cos tamén veciños de Bembrive Benito Manuel Cameselle Costas e Claudio Pérez (Claudino el Manco).[1] Volveu ser reclamado porlo xuíz militar mediante requisitoria o 20 de decembro.[2] Finalmente capturado, foi xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a 12 anos de prisión. Ingresou na Prisión do Partido de Vigo o 4 de xullo de 1939. Ábríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1940.[3] Conmutada a pena a 6 anos, saíu da Prisión provincial de Pontevedra en liberdade condicional en setembro de 1941.[4] Despois de saír da cadea, tivo que cumprir o servizo militar en Pontevedra, onde coñeceu a Castor Calvo.[5] En xaneiro de 1944 dous óleos seus foron galardoados con accésit na II Exposición Nacional de Arte organizada por Educación y Descanso.[6] Inaugurou a súa segunda exposición nos salóns do Casino en marzo de 1946.[7] Volveu expoñer no Foto Club de Vigo en novembro.[8] En 1951 espuxo na Sala Velázquez de Vigo.[9] En 1953 un grupo de amigos organizou unha cea-homenaxe con motivo da súa exposición no Foto Club.[10] Marchou a Venezuela en 1955.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 11-10-1936, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 22-12-1936, p. 2.
  3. BOE, 21-12-1940, p. 5803-5404.
  4. BOE, 13-9-1941, p. 7010.
  5. Castor Calvo, o boxeador amigo de artistas e escritores
  6. El Pueblo Gallego, 21-1-1944, p. 2.
  7. Cartel, 15-3-1946, p. 4.
  8. El Correo Gallego, 27-11-1946, p. 2.
  9. El Pueblo Gallego, 11-4-1951, p. 5.
  10. La Noche, 30-11-1953, p. 2

Véxase tamén

Bibliografía

  • Piñana Vives, Teresa (1977). Anuario de la pintura venezolana. p. 189.