Hipparcos (denominado así en honor ó astrónomo grego Hiparco) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 8 de agosto de 1989 mediante un foguete Ariane 44LP desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6]
Características
Hipparcos foi un observatorio espacial adicado a facer astrometría de alta precisión de 100.000 estrelas co fin de obter a súa paralaxe e posición.[2][5]
A estrutura do satélite estaba formado por dúas plataformas e seis paneis verticais de aluminio. A alimentación eléctrica era proporcionada por tres paneis solares despregables que proporcionaban ata 295 vatios de potencia. Hipparcos estabilizábase mediante xiro a unha velocidade de 12 voltas sobre si mesmo por día e a un ángulo de 43 graos con respecto do Sol.[2][5]
O único instrumento a bordo de Hipparcos era un telescopio de tipo Schmidt capaz de superpoñer no seu plano focal dous campos de visión separados por 58 graos. O plano focal usaba un sistema de reixas composto por bandas alternantes opacas e transparentes tras do cal atopábase un tubo óptico capaz de obter a fase da luz das estrelas observadas, a partir do cal, comparando fases de estrelas dos diferentes campos de visión proxectados no plano focal, podíase derivar con precisión o ángulo entre as estrelas observadas. Adicionalmente, un sistema fotomultiplicador, denominado Tycho en honor a Tycho Brahe, medíu fotométrica e astrometricamente (nas bandas B e V) 400.000 estrelas adicionais menores de magnitude 11.[1][3][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HIPPARCOS" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (27 de marzo de 2013). "Hipparcos" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (20 de xullo de 1993). "Annex VI". Letter dated 22 June 1993 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General (Informe). p. 9. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Hipparcos" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Hipparcos" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Hipparcos" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas