Unha hiperligazón, ou simplemente ligazón,[1] é unha referencia nun sistema de hipertexto que permite acceder automaticamente a un documento desde outro. Adóitanse empregar amplamente na World Wide Web para ir dunha páxina web a outra con tan só un clic. Normalmente as hiperligazóns diferéncianse facilmente nos textos porque aparecen subliñadas e/ou noutra cor; ademais, cando se coloca sobre eles, o punteiro do rato transfórmase nunha man.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas