O himno nacional da República da China (Taiwán), é o actual himno nacional da República da China (Taiwán). Mostra como a visión e as esperanzas dunha nova nación e do seu pobo poden e deben ser conseguidas e mantidas usando o Tres Principios do Pobo. Informalmente, a canción é coñecida como "San Min Chu-i" ou "Tres Principios do Pobo" debido ao primeiro verso, pero esta denominación nunca é usada en ocasións formais ou oficiais.
Historia
O texto do "Himno Nacional da República da China" foi produto da colaboración entre varios membros do Kuomintang (KMT):
Despois do éxito da Expedición do Norte, o Kuomintang elixiu o texto para que fose o himno do partido e publicamente solicitouse música para acompañalo. Ch'eng Mao-yün (程懋筠; Chéng Màoyún) gañou nun concurso de 139 participantes.
O 24 de marzo de 1930, varios membros do Kuomintang propuxeron usar o discurso de Sun como a letra do himno nacional. Debido á oposición sobre usar un símbolo dun partido político para representar á nación enteira, creouse o Comité para a Investigación e Edición do Himno Nacional (國歌編製研究委員會), o cal aceptou o himno do Kuomintang. O 3 de xullo de 1937, o Comité Central Permanente (中央常務委員會) aprobou a proposta, e en 1943, os "Tres Principios do Pobo" oficialmente converteuse no himno nacional da República da China.
Tres Principios do Pobo,
O fundamento do noso partido,
Co cal, establecemos a República;
Co cal, avanzamos a un estado de paz total.
Oh, vostedes, guerreiros,
Polo pobo, estean á vangarda.
Sen descanso de día ou de noite,
Sigan os Principios.
Xuren ser dilixentes; xuren ser valentes.
Obrigados a ser dignos de confianza; obrigados a ser leais.
Cun corazón e unha virtude,
Levamos a cabo até o final.