Hi Fashion

Modelo:BiografíaHi Fashion

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Actividade
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoElectropop Editar o valor en Wikidata

Facebook: HiFashionMusic Twitter: _Hi_Fashion_ Youtube: UCB705gmclyDo-19_R-OhKHw Bandcamp: hifashion Spotify: 1YJ9OtMAkpvxO70ydEm7aZ Last fm: Hi+Fashion Musicbrainz: bc98a1d5-6a8d-41d9-9dd8-d0ba6091288e Songkick: 4944128 Discogs: 2923550 Editar o valor en Wikidata

Hi Fashion é un dúo estadounidense de electropop, formado por Jen DM e Rick Gradone. A música da banda mestura o estilo electrónico, o upbeat e cancións pop, moitas con letras cómicas e irónicas. DM e Gradone son orixinarios de Nova York, mais ambos agora residen nos Ánxeles. Hi fashion produciu dous EPs e o seu debut foi “Sprechen Sie Hi Fashion?”.

Gradone e DM coñecéronse nun bar homosexual na cidade de Nova York onde Gradone flirteou con DM, pensando era un home. Despois disto, DM convidou a Gradone a un concerto solidario, onde actuaba. Escoitando a DM cantar, Gradone propuxo a DM que formasen unha banda xuntos, o cal rexeitou. Gradone envioulle entón tres proxectos para que as escoitase e preguntoulle outra vez se traballaría con el. Finalmente, así foi como se formou Hi-Fashion.[1]

Orixinalmente, o dúo nomeouse “Hi-Fashion 5.99$” e máis tarde mudouno a “Hi-Fashion 9.99$” para finalmente eliminar o prezo, chamándose soamente “Hi-Fashion”.[2]

O seu primeiro sinxelo, “Amazing” ("Incrible"), foi publicado en xullo de 2010, e o seu EP de debut “Sprechen Sie Hi Fashion?”, un ano máis tarde, en xullo de 2011. Despois disto, a banda comezou a publicar numerosos sinxelos en iTunes e videoclips en YouTube.[3]

Un segundo EP foi presentado en abril de 2013, "You Are Gorgeous". A banda recadou fondos para producir o álbum mediante Kickstarter, onde obtiveron 25 000 dólares. O álbum foi publicado en xullo daquel ano.

O estilo da banda é máis chamativo nos seus videoclips, demostrando un pródigo e rechamante estilo de moda, tamén fortemente reflectido nas súas actuacións en directo. A banda adoita deseñar a súa propia roupa.[4]

Discografía

Álbums de estudio
  • Sprechen Sie Hi Moda? (xullo 2011)
  • You Are Gorgeous (xullo de 2013)
Sinxelos
  • Amazing (xullo 2010)
  • You Tuk my Luk (marzo 2012)
  • Special Deivery Love (xullo 2012)
  • 18 (abril 2013)
  • Lighthouse (xullo de 2013)
  • Pupusa (outubro 2013)
  • Freak Your Halls (decembro 2013)
  • Where is the party? (abril 2015)
  • Mother Sister Father Brother (agosto 2015)

O primeiro sinxelo, "Amazing", foi presentado na sexta temporada do programa RuPaul's Drag Race. Foi publicado o 9 de decembro de 2013 e apareceu no filme The DUFF (2015).[5] "Lighthouse" foi presentado no filme, G.B.F. (2014).

Notas

  1. "Hi Fashion Electronic Press Kit". Arquivado dende o orixinal o 02-02-2013. Consultado o 20-4-2012. 
  2. "Obsessed Magazine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de xaneiro de 2017. 
  3. "HiFashionMusic". 
  4. "No Turning Back, My Chat with Hi Fashion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de xaneiro de 2017. 
  5. "RuPaul’s Drag Race Season 6 Supertease—Get Into It!" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas