Herminio Ramos González, nado en Baiona o 9 de abril de 1868 e finado no mesmo concello en setembro de 1941[1], foi un empresario, escritor e político galego.
Traxectoria
Emigrante en Cuba, onde se dedicou ao comercio en Matanzas e labrou unha pequena fortuna. Retornou a Baiona en 1898 e dedicouse a investigar no arquivo municipal do Concello. Foi cronista oficial de Baiona. Foi concelleiro de Baiona en 1927 e foi nomeado alcalde de Baiona en abril de 1930.[2] Cesou en xaneiro de 1931. Nos primeiros meses da guerra formou parte do goberno municipal e foi alcalde de Baiona durante o franquismo. Foi nomeado arquiveiro honorario do Concello de Baiona. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[3]
Por iniciativa súa colocouse unha placa de bronce no lugar no que se calafateou a carabela Pinta tras regresar da primeira viaxe de Colón, acto ao que asistiu o xefe do goberno, xeneral Miguel Primo de Rivera.
Unha rúa de Baiona leva o seu nome.
Obras
Notas
Véxase tamén
Bibliografía