Herminia Domínguez González, nada en San Xoán de Río en 1965, é catedrática de Enxeñería Química da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.
Traxectoria
Herminia Domínguez pertence ao Grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible, que centra as súas liñas de traballo no desenvolvemento de procesos para o aproveitamento sostible dos recursos naturais e é unha das investigadoras máis citadas de España no seu campo de traballo.[1]
En 2022 ingresará como académica numeraria da Real Academia Galega das Ciencias na sección de Ciencias Técnicas.[2]
Notas