Heraldo Ortigueirés foi un periódico editado na Habana entre 1941 e 1959.
Historia e características
Subtitulada Órgano oficial de la Asociación de Beneficencia “Naturales de Ortigueira”, apareceu o 1 de febreiro de 1941. De periodicidade trimestral, estivo dirixido por José Abella Teijeiro, Enrique Abesú, Vicente Pérez Balteiro, Gumersindo Cao e Ramón R. Cornide Peláez (1948). O xefe de redacción era Antonio Couzo García, que tamén foi subdirector. Entre os seus colaboradores figuraron Gerardo Álvarez Gallego, Rafael Armada, Víctor Manuel Heras, Antonio Gómez, Pablo R. Fresno e Bonifacio Roiz. Cesou a súa publicación o 1 de xuño de 1959.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas