Este artigo trata sobre un xénero de plantas anxiospermas. Para información sobre as plantas sen flor e avelañas homónimas véxase: Hepáticas e Hepatica (avelaíña).
As follas son basais, duras, e xeralmente con tres lobos, e permanecen na planta durante o inverno.
Cultivo
O cultivo ornamental de Hepatica foi popular no Xapón desde o século XVIII (período Edo medio), onde se desenvolveron variedades con flores con pétalos dobres e diversos patróns de cores.[5]
A planta ten unha gran tolerancia aos solos alcalinos derivados de rochas calcarias, e pode crecer nunha ampla variedade de condicións; pode encontrarse en bosques caducos e moi sombreados (especialmente de faias) e matogueiras ou praderías a pleno sol. As Hepatica tamén crecen en substratos areosos ou ricos en arxila, e está asociada ás calcarias. O solo húmido e as nevaradas invernais son un dos seus requirimentos; as Hepatica son tolerantes a estar cubertas pola neve en inverno, pero agunatan peor a xeada seca.
Propagación
Faise por sementes ou por división (fragmentación) das vigorosas matas en primavera. Porén, os brotes tardan varios anos en chegar ao tamaño necesario para a floración, e as plantas divididas tardan en engrosar.
Herboristería
Antes era usada conmo herba medicinal. Debido á antiga teoría das sinaturas, que dicía que as partes que pola súa forma lembran unha parte do corpo poden utilizarse para tratar as doenzas desa parte do corpo, antes pensábase que a planta era efectiva no tratamento dos trastornos hepáticos. Aínda que é velenosa en altas doses, as follas e flores poden utilizarse como adstrinxente e demulcente para feridas que tardan en curar e como diurético.[2]
Especies
Recoñécense entre unha e tres especies de Hepatica, e algúns dos taxons son ás veces tratados como variedades:
↑Gleason, H.A. 1952. The new Britton and Brown Illustrated flora of the Northeastern United States and adjacent Canada. Volume 2: The chloripetalous Dicotyledoneae. Hafner Press, New York.
↑Sara B. Hoot; Anton A. Reznicek; Jeffrey D. Palmer (Jan–Mar 1994). "Phylogenetic Relationships in Anemone (Ranunculaceae) Based on Morphology and Chloroplast DNA". Systematic Botany19 (1): 169–200. JSTOR2419720. doi:10.2307/2419720.
↑Slattery, Britt E., Kathryn Reshetiloff, and Susan M. Zwicker (2003). "Hepatica nobilis var. obtusa". Native Plants for Wildlife Habitat and Conservation Landscaping: Chesapeake Bay Watershed.
↑Slattery, Britt E., Kathryn Reshetiloff, and Susan M. Zwicker (2003). "Hepatica nobilis var. acuta". Native Plants for Wildlife Habitat and Conservation Landscaping: Chesapeake Bay Watershed.