Henrique Neira

Modelo:BiografíaHenrique Neira
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsXerardo Neira Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1412264 Dialnet: 2111037

Henrique Neira Pereira, nado en Caracas (Venezuela) no 1973, é un xornalista, escritor, historiador, debuxante e investigador galego. É irmán do tamén escritor Xerardo Neira.

Traxectoria

Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, de cuxos grupos de investigación é un membro activo. A súa tese de doutoramento intitulouse Música popular e sociedade no Val do Ulla de 1920 a 1936: unha visión analítica desde a prensa comarcal (USC, 2016). Traballou no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

Formou parte da redacción dos xornais El Correo Gallego, O Correo Galego e Galicia Hoxe, e colaborou na redacción das voces relacionadas coa Informática e Internet na Enciclopedia Galega Universal (tomos 1-16, Ir Indo, 1999-2006). É un dos redactores de Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia.

Conxuntamente co seu irmán, Xerardo Neira Pereira, publicou en 2019 o Vocabulario Ullao-Ghalegho.

Tamén no 2019, foi galardoado co Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela polos artigos publicados na revista Código Cero.[1]

En xuño do 2023, pola obra Do aritmómetro á computación cuántica, outorgóuselle o Premio Vicente Risco de ciencias sociais [2], que recolleu en decembro en Allariz, vila onde está soterrado o famoso membro da Xeración Nós [3][4].

Obra[5]

  • Vedra. Da Prehistoria a 1900, 2001.
  • Internet: Navegar desde Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2005.
  • San Paio de Sabugueira. A parroquia compostelá da Lavacolla, 2005.
  • Libros galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2006.
  • Vedra. Da Prehistoria ós inicios do século XX, 2007.
  • Santiago de Gres. Historia e cultura dunha parroquia entre o Ulla e o Deza, 2009.
  • Terra, festas e música popular. Pequenas historias de Vedra de 1891 a 1900, 2013.
  • Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia, Andavira, 2013.
  • Noticias da Lavacolla. Dos arrieiros de 1850 ós ómnibus de 1909, 2014.
  • Ortigueira & Portamérica. Dúas propostas musicais atlánticas desde Galicia para o mundo, Andavira, 2014.
  • Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía, Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, 2015.
  • Ulla oralmente, Asociación Raiceiros, 2020
  • Como atopar libros galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, Grupo Código Cero Comunicación, 2020.
  • Século bo luces, Medulia Editorial, 2021.
  • Vedra. Unha historia visual, Concello de Vedra, 2021.

Obras colectivas

  • Dezasete x dezasete. Galicia e a súa cultura e historia, 1997.
  • O labirinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación, 1998.
  • E bañar-nos-emos nas ondas, 1998.
  • Ligazóns 2000, 1999.
  • Manual de estilo. O Correo Galego, 2001.
  • O Val do Ulla. Unha comarca natural, 2006.
  • Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana, 2008.
  • Coplas Ulláns, 2010.
  • Cántigas da Ulla, 2010.
  • Historia do Concello da Enfesta, 2011.
  • Corrente abaixo, un percorrido de ensoño. Rutas polos ríos Ulla, Tambre e Xallas, 2011.
  • Corriente abajo, un recorrido de ensueño, Rutas por los ríos Ulla, Tambre y Xallas, 2011.
  • Downstream, a journey to dream of. Trails by the rivers Ulla, Tambre and Xallas, 2011.
  • Xosé Mosquera Pérez. O Vello dos Contos, Asociación de Veciños Ruta Xacobea, 2012.
  • As pontes do río Ulla. Natureza e cultura, 2013.
  • Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia, 2013.
  • Ortigueira & Portamérica. Dúas propostas musicais atlánticas desde Galicia para o mundo, 2014.
  • Sarandón: anacos de historia, 2014.
  • Mercado de Abastos. Santiago de Compostela, 2014 (en coautoría con Miguel Seoane García).
  • O lendario río Ulla. Viaxe desde A Ulloa á ría da Arousa, Xurdir, 2014 (en coautoría con Miguel Seoane García).
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.

Premios

Notas

  1. S.E. (20 de setembro de 2019). "Henrique Neira recolle hoxe o premio Reimóndez Portela". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  2. L.V. "O profesor Henrique Neira gaña o premio Vicente Risco de ciencias sociais". 
  3. L.V. "Enrique Manuel Neira gana el premio Vicente Risco de Ciencias Sociais". 
  4. L.R. "Enrique Manuel Neira recibe o XXVII Premio Vicente Risco". 
  5. Bibliografía completa, neira.es. A presente bibliografía é unha escolma parcial. Para o CV completo e actualizado, véxase Iacobus.usc.es.

Véxase tamén

Ligazóns externas