Heliodoro Cid Rozo, nado en Pontevedra en 1831 e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1888, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Colaborou nos periódicos pontevedreses El País (1857), La Perseverancia (1859) e El Esquilón (1861). Marchou a Lugo onde foi redactor e logo director de El Progreso. Volveu a Pontevedra e foi redactor de La Crónica, La República (1873), El Avisador (1881), La Opinión (1884) e Galicia Cómica (1885). Colaborou no Álbum de la Caridad co poema "Á'miña hirman",[1] segundo Carballo Calero: moi sentimental e de escaso mérito.
Empregou o pseudónimo de Fray Zacarías.
Finou pobre en Pontevedra o 31 de marzo de 1888 aos 57 anos de idade.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía