Heavy Metal é un filme canadense de animación adulta, ciencia ficción e fantasía estreado en 1981 dirixido por Gerald Potterton, producido por Ivan Reitman e Leonard Mogel, quen tamén foi o editor da revista Heavy Metal, que é a base do filme. Está protagonizado polas voces de Rodger Bumpass, Jackie Burroughs, John Candy, Joe Flaherty, Don Francks, Martin Lavut, Marilyn Lightstone, Eugene Levy, Alice Playten, Harold Ramis, Percy Rodriguez, Susan Roman, Richard Romanus, August Schellenberg, John Vernon e Zal Yanovsky. O guión foi escrito por Daniel Goldberg e Len Blum.
É unha antoloxía de varias historias de fantasía e ciencia ficción adaptadas a partir das historias orixinais da revista Heavy Metal. Ó igual que a revista, o filme contén gran cantidade de violencia gráfica, sexualidade e espidos. A súa produción implicou a colaboración con diferentes estudios de animación que traballaron en segmentos difentes de xeito simultáneo.
Unha secuela titulada Heavy Metal 2000 foi estrada no ano 2000.
Estrea
Recadación
O filme estreouse o 7 de agosto de 1981. Tivo unha recadación de preto de 20 millóns de dólares.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas