Heavy Lungs é unha banda inglesa de noise rock baseada en Bristol e formada en 2017. O grupo está composto polo batería George Garratt, o guitarrista Oliver Southgate, o vocalista Danny Nedelko, e o baixista James Minchall.
Historia
Heavy Lungs foi formada en Bristol a principios de 2017 polo baixista James Minchall e o vocalista Danny Nedelko.[1] Nedelko e Minchall xa traballaran xuntos, e comezaron a gravar música, recrutando máis tarde aos músicos locais de Bristol Oliver Southgate e George Garratt para completar a banda.[2] En 2018 o grupo lanzou o seu EP de estrea, Abstract Thoughts.
A finais de 2018, o cantante principal converteuse no tema dunha canción de IDLES, tamén de Bristol, que lanzou o tema "Danny Nedelko" como sinxelo principal do seu segundo álbum, Joy as an Act of Resistance.[3]
En 2019 a banda lanzou dous EPs: Straight to CD, que saíu o 7 de febreiro de 2019,[4] e Measure, lanzado o 10 de outubro.[5]
O 29 de setembro de 2023 a banda lanzou o seu álbum de estudo de estrea, All Gas No Brakes.[6]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas