Hare Krishna é o álbum de estrea da banda galega de math rock Unicornibot, autoeditado o 1 de xullo de 2010. O disco foi gravado durante o mes de febreiro de 2010 no Estudio Brazil por Javier Ortiz en Rivas Vaciamadrid, e foi masterizado en Chicago Mastering Service polo membro de Shellac Bob Weston.[1]
O álbum foi lanzado como unha edición limitada de 300 copias numeradas en vinilo de 180 gramos,[2] e posteriormente sería reeditado no ano 2014.[3]
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"SuperMarioCesar" |
3:24 |
2. |
"La segunda es la tercera" |
2:53 |
3. |
"La tercera es la segunda" |
3:21 |
4. |
"Timbalada" |
2:54 |
5. |
"La primera es la primera" |
2:20 |
6. |
"Tinoni" |
2:13 |
7. |
"Ponse" |
2:52 |
8. |
"Palmas" |
3:14 |
9. |
"Acoples" |
2:43 |
25:54 |
Notas