Hannah Montana é unha serie de televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que se emitiu en Disney Channel durante catro tempadas entre o 24 de marzo de 2006 e o 16 de xaneiro de 2011. Coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunto con That's So Raven foi un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.
O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie.
Sinopse
A serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó público, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.[1]
Episodios
Tempada
|
Episodios
|
Emisión orixinal
|
Inicio
|
Final
|
|
1
|
26
|
24 de marzo de 2006
|
30 de marzo de 2007
|
|
2
|
30
|
23 de abril de 2007
|
12 de outubro de 2008
|
|
3
|
30
|
2 de novembro de 2008
|
14 de marzo de 2010
|
|
4
|
13
|
11 de xullo de 2010
|
16 de xaneiro de 2011
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas