Naceu na rexión do Monte Líbano, no actual Líbano. Educouse en Beirut nunha escola feminina de misioneiros presbiterianos.
En 1891 publicou en lingua árabe o libro Manners and Habits.[2] Escribiu outra novela tamén en árabe, e foi etiquetada de forma prematura como "a George Eliot de Siria" nun xornal estadounidense.[3]
En 1893 foi invitada por Bertha Palmer para representar Siria no Congreso Mundial de Mulleres Representativas (World's Congress of Representative Women),[4], evento relacionado coa Exposición Mundial Colombina celebrada en Chicago nese ano.[5] Na feira amosou bordados e traballos manuais das mulleres sirias. Escribiu sobre o congreso na revista feminina exipcia Al Fatat,[6] e escribiu o ensaio The Glory of Womanhood para a publicación do Congreso das Mulleres[7]
Rematado o Congreso fixo unha xira de conferencias polos Estados Unidos[8].