Antônio Hamilton Martins Mourão, nado en Porto Alegre o 15 de agosto de 1953, é un militar brasileiro, xeneral retirado do Exército e vicepresidente da República Federativa do Brasil dende xaneiro de 2019.
Traxectoria
Primeiros anos
Nado o 15 de agosto de 1953 en Porto Alegre (estado de Río Grande do Sur), fillo do xeneral Antônio Hamilton Mourão e Wanda Coronel Martins.[1] Retirouse o 28 de febreiro de 2018.[2] Ten ascendencia brasileira nativa e identifícase como indíxena brasileiro.[3][4]
Carreira militar
Ingresou no exército en 1972, na Academia Militar das Agulhas Negras, onde se diplomou en artillaría en 1975.[5] Como oficial superior, estudou na Escola de Comando e Estado Maior do Exército. Estivo destinado en Angola, nunha misión de paz.[6] Foi agregado militar na embaixada do Brasil en Caracas, Venezuela.[7][8][9]
Vicepresidente da República
Afiliado dende 2018 ó ultradereitista Partido Renovador Laborista Brasileiro (PRTB), en agosto de devandito ano foi oficializada a súa candidatura a vicepresidente da República acompañando a Jair Bolsonaro, que ó cabo obtivo a maior porcentaxe de votos na primeira volta (46,03 %), pasando á balotaxe.[10][11] A candidatura de Bolsonaro e Mourão impúxose na segunda volta á de Fernando Haddad e Manuela d'Ávila.