Hala Aleksandar Nikolić

Hala Pionir
Datos
Coordenadas44°48′56″N 20°29′06″L / 44.815517, 20.485111
Localización Belgrado, Serbia
Construción
Inauguración24 de maio de 1973
Renovación2011
ArquitectoLjiljana Bakic
Estadio
Capacidade8.150[1]
PropietarioSOE Tašmajdan SRC
LocalíaKK Partizan (NLB)
KK Crvena zvezda (NLB)
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Hala Aleksandar Nikolić (serbio: Хала Александар Николић / Hala Aleksandar Nikolić), antes coñecido como Hala Pionir (Хала Пионир / Hala Pionir), é un pavillón deportivo situado na cidade de Belgrado, Serbia, na municipalidade de Palilula. A capacidade da cancha é de 8.150 espectadores.[2]

Historia

O Pavillón Pionir Hall foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.

O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo. O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas.

Notas

  1. http://www.rtrs.tv/vijesti/vijest.php?id=189712
  2. Srpska, RTRS, Radio Тelevizija Republike Srpske, Radio Television of Republic of. "Дворана "Александар Николић" проширује се на 10.000 мјеста". СПОРТ - РТРС. Consultado o 2022-11-20. 

Véxase tamén