Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hackney.
O Hackney é unha raza recoñecida de cabalo que foi desenvolvida en Gran Bretaña. En décadas recentes, a cría do Hackney foi conducida cara a producir cabalos que fosen ideais para o tiro de carruaxes. Son unha raza alta e elegante que é popular nos eventos de tiro. Os Hackneys posúen boa estamina, e son quen de trotar a alta velocidade en períodos estendidos de tempo.
Historia
A raza foi desenvolvida no século XIV en Norfolk, cando o rei de Inglaterra requiriu cabalos elegantes pero poderosos e cun excelente trote para ser empregados con diferentes obxectivos na monta. Xa que os camiños e estradas eran moi rudimentarios nesa época, os Hackneys eran naquela época un cabalo de monta, sendo o xeito máis común de transporte. Porén, os cabalos trotadores eran máis convenientes como cabalos de guerra. Como resultado, en 1542 o rei Henrique VIII requiriu ós seus súbditos ricos que gardasen un número determinado de cabalos trotadores para o seu uso na cría.