Hackeamos o patriarcado é un ensaio coordinado por Soledad Torres publicado en 2024 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.
Características
Este traballo amosa como "As desigualdades de xénero amplifícanse no mundo dixital, onde non hai barreiras temporais e xeográficas, nin, por tanto, refuxio. Nas redes sociais, a violencia contra as mulleres e as disidencias sexuais e identitarias multiplícase. Tamén a asistencia dixital, cada vez máis presente nas nosas vidas, está ateigada de estereotipos sexistas e de tolerancia á violencia de xénero". O libro amosa resultados de investigacións da Universidade de Vigo, que analizan estes problemas e "propoñen solucións e referentes para que o mundo dixital sexa un espazo seguro e de crecemento para todas"[1]
Os capítulos son:
- Unha ollada feminista á asistencia dixital de Torres Guijarro, Soledad, Vázquez Silva, Iria e Rodríguez García, Mercedes
- Violencias de xénero dixitais, a falacia do virtual como un espazo alleo ao real de Piñeiro Otero, Teresa.e Martínez Rolán, Xabier
- Por que hai tan poucas mulleres no eido da enxeñaría? : unha imaxe conxelada de Rivas Brea, Teresa, Vázquez Silva, Iria; Alonso Prieto, Elena; Saavedra González, Angeles; Pozo Antonio, José Santiago.; Torres Guijarro, Soledad; Araújo, María; Longo González, María Asunción.
- As mulleres que nos levaron ao espazo de Lorenzo González, María de las Nieves, Calvo Iglesias, Encina e Alvarez Fernández, María Inés.
- Instagram e os perigos sexistas para a mocidade de Arévalo Iglesias, Lorena e Martínez López de Castro, Rut.
- A mocidade galega diante da elección de estudos tecnolóxicos de Alvarez Lires, Mari e Alvarez Lires, Xabier
- A importancia de deseñar algoritmos que detecten a violencia de xénero dixital de Rebeca Díaz Redondo, Mateo Ramos, Ana Fernández e Sonia Valladares
Notas