HD 189733 b é un planeta extrasolar que se atopa a 63 anos luz do Sistema Solar na constelación de Vulpecula. O planeta foi descuberto orbitando a estrela HD 189733 A o 5 de outubro de 2005, cando astrónomos de Francia observaron to planeta transitando a través da superficie da estrela.[1] Cunha masa un 13% maior que a de Xúpiter, HD 189733 b orbita a súa estrela unha vez cada 2,2 días cunha velocidade orbital de 152,5 km/s, o que o converte nun Xúpiter quente con poucas perspectivas de vida extraterrestre. Sendo o máis achegado Xúpiter quente á Terra, HD 189733 b é obxecto dunha extensa investigación atmosférica. HD 189733 foi o primeiro planeta extrasolar para o cal se creou un mapa termal,[2] en ser detectado con polarimetría, en ter a súa cor xeral determinada (azul profundo),[2][3] en ter o tránsito detectado polo espectro dos raios X e en ter detectado dióxido de carbono na súa atmosfera.
En xullo de 2014, a NASA anunciou que atopara atmosferas moi secas en tres planetas extrasolares (HD 189733b, HD 209458b, WASP-12b) orbitando estrelas semellantes ó Sol.[4]
Berdyugina; Berdyugin; Fluri; Piirola (2 de febreiro de 2008). "First Detection of Polarized Scattered Light from an Exoplanetary Atmosphere". The Astrophysical Journal673: L83–L86. Bibcode:2008ApJ...673L..83B. arXiv:0712.0193. doi:10.1086/527320.
Deming; Harrington, Joseph; Seager, Sara; Jeremy Richardson (20 de febreiro de 2006). "Strong Infrared Emission from the Extrasolar Planet HD189733b". The Astrophysical Journal644: 560–564. Bibcode:2006ApJ...644..560D. arXiv:astro-ph/0602443. doi:10.1086/503358.