O HC Energie Karlovy Vary é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Karlovy Vary, República Checa. O club foi fundado en 1932 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2008-09). Xoga os seus partidos como local no KV Arena, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.
Historia
O club foi fundado en 1932 baixo o nome de SK Slavia Karlovy Vary.[1] En 1951 o equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia, Mistrovství republiky[2].
En 1955, o club adoptou a denominación de Dynamo Karlovy Vary e descendeu á segunda categoría checoslovaca, a 2.liga[3]. Non foi ata a tempada 1997-98 cando o equipo retornou á máxima categoría, ao debutar na Extraliga, o novo campionato da República Checa, tras ascender en 1993 dende a 1.liga. Posteriormente o club tomou a praza do HC Olomouc[4]. Dende aquela, o club non abandonou nunca a Extraliga.
Ata o 2009, o club xogaba os seus partidos como local no Zimní Stadion Karlovy Vary (4.680 espectadores)[5]. Posteriormente, o equipo trasladouse a un novo pavillón, o KV Arena (6.000 espectadores).
Expansión da KHL
O club considerou a posibilidade de crear un club independente para a expansión da KHL na Tempada 2009-10 da KHL. Este club trataría de operar como equipo nacional da República Checa na competición eurasiática, atraendo aos mellores xogadores da Extraliga, do mesmo xeito que o Dinamo Minsk e o Dinamo Riga fixeran nos seus respectivos países. Este equipo non xogou na KHL e non está claro se algún día o fará. O seu equipo júnior xoga na MHL, a liga júnior da KHL, dende a tempada 2012–13.
Palmarés
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas