Gustavo Dacal

Modelo:BiografíaGustavo Dacal

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Xustáns, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14166773 Editar o valor en Wikidata


Gustavo Dacal Martínez, nado en Xustáns (Ponte Caldelas) o 30 de marzo de 1977, é un adestrador e antigo atleta galego.

Traxectoria

Xogador de fútbol na infancia, chegou ao atletismo por azar[1]. Iniciouse como lanzador de xavelina co adestrador Javier López Viñas. Foi campión de Galicia en numerosas veces, e campión de España da especialidade en dez ocasións: 1999, 2000, e do 2002 ao 2009. Atleta da Ximnástica de Pontevedra, no ano 2000 fichou polo Puma Chapí de Xerez da Fronteira, se ben en 2007 volveu ás filas do club pontevedrés.

En 2003, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, lanzou a xavelina a 78,88 m, o que supuña o récord de España da especialidade. Porén, a Federación Española de Atletismo non lle recoñeceu a marca, o que lle impediu acudir ao Mundial de Atletismo de 2004, en París, por non ter a xavelina correctamente homologada e por non vestir o equipamento exacto do seu equipo. En 2008 a xustiza recoñeceulle a marca e obrigou a Federación a indemnizalo[2]. Esa marca de 78,88 m segue[3] a ser a mellor marca galega.

Foi internacional tamén en diversas ocasións, entre elas nun Xogos do Mediterráneo.

En 2011 un peso lanzado por un compañeiro golpeouno no nocello e deixouno lesionado para a tempada[1]. En 2012 non conseguiu a mínima para os Xogos Olímpicos de Londres e decidiu abandonar a práctica profesional do atletismo.

Logo de retirarse en 2012 como atleta, marchou vivir a México grazas a un contrato co estado de Veracruz para preparar lanzadores locais de xavelina[1].

Saúde

En 2010 foille diagnosticada unha hernia de disco entre as vértebras 12ª dorsal e 1ª lumbar[4].

En decembro de 2022 contraeu o dengue en Veracruz (México). Ao mesmo tempo[5] que o dengue sufriu unha infección (Staphylococcus aureus) no intestino e outra na columna vertebral (na altura da súa hernia)[4], das que foi operado no Hospital Español de Veracruz en varias ocasións nun prazo de apenas uns días. Este proceso no seu conxunto púxolle en risco a vida e paralizouno do van para abaixo. Foi logo trasladado a un hospital público no mesmo estado de Veracruz. A comezos de febreiro de 2023 anunciouse o seu traslado a Galicia para continuar coa recuperación, cun billete pago pola Xunta de Galicia[6].

Datos persoais

Mide 1.82 m.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 D. Amil, Nieves (2022-12-17). "El atleta gallego Gustavo Dacal, en estado grave tras contagiarse de dengue en México". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-17. 
  2. Recoñécenlle a Gustavo Dacal a mellor marca estatal, feita hai cinco anos, Vieiros, 12 de xuño de 2008.
  3. Xaneiro de 2023.
  4. 4,0 4,1 Mellado, Enrique (2023-01-17). "Gustavo Dacal: "Si no puedo caminar, pues con bastón, andador o silla de ruedas"". MARCA (en castelán). Consultado o 2023-01-17. 
  5. Nogueira Casás, Xaime (2023-01-16). "Gustavo Dacal: "O meu pasado deportista salvoume a vida"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-01-17. 
  6. D. Amil, Nieves (2023-02-01). "Gustavo Dacal, el atleta contagiado de dengue en México, vuelve a casa para ser tratado en la unidad de medulares de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-02-01. 

Véxase tamén

Ligazóns externas