Gustave Chaix d'Est-Ange

Modelo:BiografíaGustave Chaix d'Est-Ange

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Théophile Jules Gustave Chaix d'Est-Ange Editar o valor en Wikidata
23 de abril de 1863 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1923 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoViticultura e xenealoxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxenealoxista Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Chaix d'Est-Ange Editar o valor en Wikidata
PaiGustave Gaspard Chaix d'Est-Ange Editar o valor en Wikidata
ParentesEmmanuel du Bourg de Bozas, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata

Gustave Chaix d'Est-Ange, nado en París o 23 de abril de 1863 e finado na mesma localidade o 18 de maio de 1923, foi un propietario vitícola e xenealoxista francés.

Traxectoria

Gustave naceu no VIII distrito da capital francesa no seo dunha familia acomodada, seu pai era Gustave Gaspard Chaix d'Est-Ange (1832-1887), conselleiro xeral do cantón de Pellegrue e deputado da Xironda, e súa nai Jeanne Cléophile Joséphine Sipière, filla do banqueiro Théophile Sipière (1809-1870) e de Julie Joséphine Archdeacon (1817-1902). Tiña unha irmá, Marie, que casou co barón Joseph du Teil[1]. Ao morrer seu pai en 1887 fíxose cargo da explotación dun viñedo que mercara seu avó en 1867, o Château Lascombes, que producía viño margaux e que fora segundo na clasificación oficial dos viños de Bordeos de 1855.

Casou o 14 de febreiro 1895 en Lamarque con Marie-Georgine de Fumel (1873-1963)[2]. Sen descendencia, o matrimouno anulouse eclesiasticamente. Tentou mellorar algo situación das súas propiedades, que levaban tempo en decadencia[3], así construíu un novo edificio en Lascombes e en 1919 comprou unha propiedade veciña á súa, o Château Marquis d'Alesme Becker, que fora terceiro gran cru margaux na clasificación de 1855, coa intención de unilas, o que non se realizou ao morrer poucos anos despois. Pouco antes da súa morte, adoptou o fillo dun dos curmáns de súa nai, Emmanuel, marqués de Bourg de Bozas (1894-1990), home da filla máis nova de Honoré d'Albert, duque de Luynes. O seu fillo adoptivo vendeu Château Marquis d'Alesme-Becker a unha empresa escocesa de Glasgow, e Château Lascombes pasou de man en man dende 1952 ata o ano 2011, cando a mercou por 200 millóns de euros a Mutualidade francesa de seguros de saúde (MACSF).

Xenealoxista

Apaixonado pola historia das familias, a primeiros do século XX acometeu a publicación do Dictionnaire des familles françaises anciennes et notables, baseándose principalmente na súa biblioteca persoal, que contiña 6 000 volumes conservados no Château Lascombes, e nas súas investigacións na Biblioteca Nacional. Escrito con independencia das familias estudadas, o traballo incorporou tamén datos e informacións tiradas da súa correspondencia con numerosos eruditos. En vida, a partir de 1903 publicou 17 volumes, aproximadamente un por ano, cunha tiraxe de 200 exemplares. Postumamente publicáronse outros tres volumes, o último en 1929 que remata en Gaullier, e que representa aproximadamente o 42 % dos apelidos franceses. En 1983 reeditouno en once volumes a editorial Vendôme.

Brasón que segundo Gustave correspondía á familia Chaix d'Est Ange

Brasón

O escudo de armas que figura na entrada que na súa obra lle dedicou á súa propia famila consiste en campo de goles, un león rampante de ouro, coroado do mesmo. Así e todo, son as da familia de Chaix orixinaria de Sisteron na Provenza e que eran señores de Penne no século XVI. Non obstante, aínda que Gustave se consideraba relacionado con esta familia, o seu parentesco non é certo.

Legado

A Académie des sciences morales et politiques outorgou anualmente entre 1998 e 2014 o premio Gustave Chaix d'Est-Ange para recompensar unha obra de historia documental vencellada directamente ao método que segue a École nationale des chartes[4].

Notas

  1. Jacques Nompar de Caumont duc de La Force (1973) Le Second ordre. Editions du Palais Royal, páxina 175
  2. Valynseele, Joseph (1980) Les maréchaux de Napoléon III: leur famille et leur descendance Ed. Laballery; páxina 218
  3. Clive Coates (1995) Grands Vins. The Finest Châteaux of Bordeaux and Their Wines; Orion Publishing Group, páxina 233
  4. Prix Gustave Chaix d’Est-Ange ASMP.