Gumersindo Rodríguez Casales, nado na Picoña (Salceda de Caselas) en abril de 1886 e finado en Tui o 21 de outubro de 1936,[1] foi un chofer e político galego.
Traxectoria
Foi secretario da Federación Agraria de Ponteareas. Marchou a Buenos Aires en novembro de 1919.[2] Cando retornou, mercou en 1925 unha camioneta para dedicarse ao transporte de mercancías e viaxeiros.[3] Mercou unha nova camioneta con Serafín Fernández Vaqueiro en febreiro de 1930.[4] Foi secretario da sociedade de agricultores e canteiros Solidaridad de San Xurxo de Salceda e militou na CNT. En xuño de 1934 foi elixido vicesecretario da agrupación de Izquierda Republicana de Salceda de Caselas.[5]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido nos primeiros días de agosto con Venancio Pérez Lemos por unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas. Xulgados por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Vigo o 12 de outubro, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Tui o 21 de outubro de 1936.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos