Guitarra laúde |
---|
|
A guitarra laúde (ou laúde guitarra) é un instrumento musical de corda pulsada dos séculos XIX e XX orixinario de Alemaña.[1]
Descrición
A guitarra laúde é un cordófono híbrido entre un laúde de caixa de resonancia bombeada e unha guitarra. Posúe a forma dun laúde pero tócase e afínase coma unha guitarra.[2] A ponte, as cordas, os trastes e o diapasón son como as da guitarra (aínda que o mastro é máis estreito cá da guitarra moderna) en cambio o aspecto da caixa de resonancia e o clavixeiro tenden ao laúde. A parte posterior da caixa de resonancia está formada por tiras de madeira chamadas doias e a boca da tapa de resonancia non está aberta, senón tapada parcialmente por unha roseta. O clavixeiro pode incorporar tanto mecanismo de clavixa de madeira como o de metal das guitarras modernas.[3] Nas pezas de maior calidade o clavixeiro adoitaba incorporar unha talla no extremo do mesmo.
Historia
Este instrumento ten a súa orixe no século XIX, sendo moi popular en Alemaña a finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX, foi moi utilizado nas escolas, tanto por nenos como nenas, debido ás súas similitudes coa guitarra convencional, pero coa estética e a sonoridade dun laúde.[4][2] A súa lonxitude de escala é curta (sobre 63 centímetros), característica que a fixo moi interesante como guitarra de viaxe.[5][2] Debido ao seu éxito, construíronse unha gran cantidade de unidades por diversas fábricas e luthieres, sendo unha delas W. Ritmüller & Sohn.
Notas