Guillerme de Évreux

Modelo:BiografíaGuillerme de Évreux
Biografía
Nacementodécada de 1040 Editar o valor en Wikidata
Normandía, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1118 Editar o valor en Wikidata (63/73 anos)
Lugar de sepulturaAbadía de Saint-Wandrille de Fontenelle Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Evreux (1067–1118) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Normandía Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHeloise de Nevers Editar o valor en Wikidata
PaisRicardo de Évreux Editar o valor en Wikidata  e Godehildis Editar o valor en Wikidata
IrmánsAgnes, Countess of Evreux
Raoul II of Tosny
Robert de Stafford Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Evreux-18

Guillerme de Évreux, nado contra 1045, foi un poderoso nobre normando durante o período seguinte á conquista normanda de Inglaterra, un dos poucos documentados que estivo con Guillerme o Conquistador na batalla de Hastings. Foi conde de Évreux desde 1067 a 1118.

Traxectoria

Guilerme era fillo de Ricardo de Évreux, conde de Évreux, e de Godehilda.[1]

Participou na Conquista de Inglaterra con oitenta naves que lle deu seu pai e combateu na batalla de Hastings.[2] En recompensa, Guillerme o Conquistador deulle propiedades en Hampshire, en Berkshire e en Oxfordshire pero, ben considerado, o conxunto dos bens recibidos era modesto. Como Roxerio I de Beaumont, outro gran barón do duque, Guillerme de Évreux, foi recompensado pouco en Inglaterra a pesar da súa participación na conquista.[3]

Isto non foi consecuencia de caer en desgraza, xa que despois Guillerme mandou o exército ducal nas campañas militares en Francia. O caso de Guillerme de Évreux permitiu ao historiador David Bates desmontar a tese dunha aristocracia resultante totalmente anglo-normanda trala conquista de Inglaterra. Para algunhas familias, o ducado de Normandía seguiría sendo o principal teatro da súa expansión e das súas loitas políticas.

En 1067 Guillerme sucedeu ao seu pai, e durante os seguintes anos foi un leal compañeiro do Conquistador.[4]

En 1081, coa axuda de Roxerio II de Montgommery, negociou un tratado de paz entre o seu señor e Fulco IV de Anjou, conde de Anjou. Desde 1084 a 1086 loitou contra Hubert de Sainte-Suzanne, vizconde do Maine, amotinado contra o duque, pero foi capturado en xaneiro de 1085 durante o asedio de Santa-Suzanne. Porén, tras a súa liberación, aproveitou a morte do duque en 1087 para capturar a gornición ducal acantoada en Évreux.[5]

Nun documento a favor da abadía de Jumièges, Guillerme intitúlase Ego Guilelmus, dux et comes Ebroacensis civitatis (Eu, Guillerme, duque e conde da cidade de Évreux).

En 1087 morre seu cuñado Simón I de Montfort, e a súa filla, Bertrada de Montfort, foi confiada ao coidado do seu tío Guillerme. Esta tutela, así como unha nova revolta no Maine, darían ao conde unha situación vantaxosa. Efectivamente, o nuevo duque d Normandía, Roberto Curthose, buscou o apoio do conde de Anjou para sufocar a revolta. O conde aceptou, pero a cambio da man de Bertrada, acordo co que Guillerme recibiría en compensación a herdanza do seu tío Raúl de Gacé, formada polas terras de Gacé e de Varenguebec, que Guillerme o Conquistador unira á propiedade ducal á morte de Raúl. En 1090 o matrimonio celebrouse e a rebelión quedou sufocada.

Pouco despois Guillerme somete unha revolta en Rouen dos partidarios de Guillerme II de Inglaterra chamado Rufo, rei de Inglaterra, sucesor de seu pai Guillerme I, que buscaba quitar Normandía ao seu irmán Roberto. Durando os dous anos seguintes houbo unha guerra familiar que o mantén ocupado. A rivalidade entre Heloise, a muller de Guillerme, e Isabel de Montfort, a esposa de Raúl de Tosny, medio irmán de Guillerme, aumentou e ambos os medio irmáns enfrontáronse.[6] Raúl logra a vitoria en 1092, e impón a Guillerme o recoñecemento de Roxerio, o seu fillo máis novo, como herdeiro. Pero a morte de Roxerio contra 1094 fixo que este acordo non entrara en vigor.

En 1096, Roberto II de Normandía únese á Primeira Cruzada, confiando o ducado de Normandía ao seu irmán Guillerme Rufo. En 1097 Guillerme de Évreux emprendeu unha campaña contra o rei Filipe I de Francia.

En 1098, como consecuencia dunha nova campaña o Maine, Guillerme Rufo noméao gobernador de Le Mans. Guillerme Rufo morreu en 1100 e Guillerme e Raúl de Tosny, desta vez aliados, aproveitaron as desordes para saquear as terras de Beaumont-le-Roger, gobernadas por Roberto I de Meulan. Roberto II de Normandía regresou pouco despois da Cruzada e tomou posesión do seu ducado, mentres que Henrique Beauclerc converteuse en rei de Inglaterra como Henrique I.[7]

Tras a unión de Normandía e Inglaterra, a autoridade de Henrique Beauclerc non foi favorábel para o conde de Évreux, que aceptara mal a inxerencia real. Guillerme e Heloisa tiveron que exiliarse no condado de Anjou durante catorce meses en 1112-1113. Durante este período, Fulco V o Mozo, conde de Anjou, e Amalarico III de Montfort aliáronse contra Henrique, e Guillerme probabelmente aceptou a coalición. Cando se acordou a paz entre os normandos e os anxevinos, en febreiro de 1113, Guillerme tomou novamente posesión do seu condado.

Heloisa morreu nalgún dos cinco anos seguintes, e foi inhumada en Noyon. Guillerme faleceu o 18 de abril de 1118 e foi enterrado na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle. O feito de que morrera sen fillos causou problemas ao rei Henrique I de Inglaterra, xa que o parente máis próximo do conde Guillerme era Amalarico III de Montfort, e o seu sucesor, era vasalo de Lois VI de Francia.[7]

Matrimonio e descendencia

Guillerme casou con Heloise de Nevers,[8] filla do conde Guillerme I de Nevers e de Auxerre, e de Ermengarda, condesa de Tonerre. Deste matrimonio naceu un fillo, probabelmente morto antes de 1092. Este fillo foi mencionado, sen ser nomeado, nunha carta en favor da abadía de Saint-Taurin.[9]


Predecesor:
Ricardo de Évreux

Conde de Évreux

1067 - 1118
Sucesor:
Amalarico III de Montfort

Notas

  1. George Edward Cokayne (1953): The complete peerage; or, a history of the House of lords and all its members from the earliest times, Volume XII, Parte 1, ed. Geoffrey H. White. Londres: The St. Catherine Press, Ltd., p. 757.
  2. Elisabeth M. C. van Houts (1988): "The Ship List of William The Conqueror", en Anglo-Norman Studies X; Proceedings of the Battle Conference, ed. R. Allen Brown. Woodbridge: The Boydell Press, Apéndice 4, p. 179.
  3. David Bates (1989): "Normandy and England after 1066", English Historical Review, vol. 104, n° 413 Oxford University Press, p. 855.
  4. George Edward Cokayne /1953): The complete peerage; or, a history of the House of lords and all its members from the earliest times, Volume XII, Parte 1, ed. Geoffrey H. White. Londres: The St. Catherine Press, Ltd., Appendix L, pp. 47-48.
  5. Power 2004, p. 217.
  6. Périnelle, Véronique (2014). La Guerre des Belles Dames. p. 186. ISBN 2-851-57033-1. 
  7. 7,0 7,1 David Crouch (2007): The Normans. The History of a Dynasty. Londres/Nova York: Hambledon Continuum, pp. 216-217.
  8. Heloise of Nevers (1056-c. 1103) en Familypedia (en inglés).
  9. Baudin 2004, p. 333.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guillaume "Crespin" d'Évreux, en Medieval Lands (en inglés).
  • Bauduin, Pierre (2004): "Le comté d'Evreux (XIe-XIIe siècles)", en La première Normandie (Xe-XIe siècles). Caen: Presses Universitaires de Caen. ISBN 2-8413-3145-8.
  • Power, Norma (2004): The Norman Frontier in the Twelfth and Early Thirteenth Centuries. Cambridge University Press. ISBN 0-5215-7172-3.

Ligazóns externas