Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Guieiro.
Guieiro foi unha publicación periódica, subtitulada Outavoz patriótico da FMG, era o voceiro da Federación de Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1935 e tiña ao primeiro periodicidade quincenal para pasar despois a aparecer mensualmente ata que o comezo da Guerra Civil española fixo que desaparecera.
Descrición
Constaba de catro páxinas e editábase na cidade de Ourense. En 1936 o seu director foi José de Castro Arines. Entre os seus colaboradores estiveron os principais dirixentes da FMG: Celso Emilio Ferreiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Vázquez Martín, Cesáreo Múñiz e Antonio Moure.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas