Os gránulos de Birbeck, tamén chamados corpos de Birbeck, son orgánulos citoplasmáticos con forma de barra[1] ou de "raqueta de tenis" cunha densidade liñal central e unha aparencia estriada. Foron descritos por primeira vez en 1961 (inicialmente chamados simplemente "gránulos característicos"),[2] e só se atopan nas células de Langerhans.[1] Aínda que forman parte da histoloxía normal das células de Langerhans, tamén serven para diferenciar as histocitoses de células de Langerhans (que son un grupo de condicións raras coñecidas en conunto como histiocitoses) de trastornos proliferativos causados por outras liñas celulares.
A súa formación é inducida pola proteína langerina.[3]
Función
A función dos gránulos de Birbeck foi moi discutida, pero unha teoría é que eses gránulos migran á periferia das células de Langerhans e liberan o seu contido na matriz extracelular. Outra teoría é que os gránulos de Birbeck funconan na endocitose mediada por receptor, de xeito similar ás depresións recubertas de clatrina.
↑Birbeck MS, Breathnach AS, Everall JD (xullo de 1961). "An electron microscope study of basal melanocytes and high-level clear cells (Langerhans cells) in vitiligo". Journal of Investigative Dermatology37 (1): 51–64. doi:10.1038/jid.1961.80.