Gregorio Español, nado en Astorga ca. 1560 e finado despois de 1630, foi un escultor que traballou en León e Galiza nos séculos XVI e XVII. A súa obra máis relevante foi o novo coro da Catedral de Santiago de Compostela.
Traxectoria
Debeu estar vinculado ao taller de Gaspar Becerra (1520-1570), escultor andaluz que traballou durante un tempo na diocese de Astorga.
No ano 1596 trasladouse a Santiago de Compostela, encargándolle de seguido o cabido da sé, un novo coro, no que traballa xunto a Xoán Davila entre 1599 e 1608. No intermedio deste tempo, no ano 1598 foi chamado a Monforte de Lemos, para realizar traballos no Colexio de Nosa Señora da Antiga.
Español non se desvinculou da diocese de Astorga, onde volvería para realizar traballos diversos. Realizou o sagrario da igrexa parroquial de Biobra, na comarca de Valdeorras. En 1630, porén, volvía a estar activo en Compostela, onde se sabe que estaba traballando no retablo das Reliquias da Catedral. Ignórase a data certa da súa morte.
Parte da súa obra está exposta actualmente no Museo de Astorga.
Véxase tamén