Gray (unidade)

O gray (símbolo Gy) é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades que mide a dose absorbida de radiacións ionizantes por un determinado material. Un gray é equivalente á absorción dun joule de enerxía ionizante por un quilogramo de material irradiado.

Esta unidade estabeleceuse en 1975. Foi nomeada así en honra ao físico inglés Louis Harold Gray.

Outras equivalencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas