Grande Illa de Estrasburgo

Modelo:Xeografía físicaGrande Illa de Estrasburgo
(fr) Grande Île Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipobarrio
Insua Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEstrasburgo, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 48°34′59″N 7°44′53″L / 48.583, 7.748
Bañado porRio Ill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do Rin Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie0,83 km² Editar o valor en Wikidata

A Grande Illa de Estrasburgo (Grande Île) (alemán: Große Insel) é unha illa que se atopa no centro histórico da cidade de Estrasburgo en Francia. O seu nome significa "Illa Grande", e deriva de que está rodeada por un lado pola canle principal do río Ill e por outro lado polo Canal du Faux- Rempart, un brazo canalizado dese río. Grande Île foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988.[1] Daquela, o Consello Internacional de Monumentos e Sitios sinalou que Grande Île é "un barrio vello que exemplifica as cidades medievais".[2][3] Estrasburgo foi a primeira cidade en que todo o seu centro foi catalogado como sitio Patrimonio da Humanidade.[1]

Ás veces, Grande Île denomínase "elipse insulaire" pola súa forma. Mide algúns 1,25 km. de longo por 0,75 km. de ancho. No centro da illa atópase a Place Kléber, a praza central da cidade. Máis ao sur está a Catedral de Estrasburgo, a cuarta igrexa máis alta do mundo e un exemplo ornamentado da arquitectura gótica do século XV. No extremo occidental da illa atópase o barrio da Pequena Francia, o antigo fogar dos curtidores, muiñeiros e pescadores da cidade, e agora un dos principais atractivos turísticos de Estrasburgo.[3] A Grande Île tamén alberga a antiga alfándega fluvial Ancienne Douane.

Ademais da catedral, a Grande Île alberga outras catro igrexas centenarias: St. Thomas, St. Pierre-le-Vieux, St. Pierre-le-Jeune e St. Étienne. Sendo o centro histórico de Estrasburgo e a sede do poder secular local, tamén alberga os hôtels particuliers e pazos máis impoñentes da cidade do século XVIII, incluíndo o Palais Rohan, o Hôtel de Hanau (agora o concello), o Hôtel des Deux-Ponts (lugar de nacemento de Lois I de Baviera e agora sede dos gobernadores militares da cidade), Hôtel de Klinglin, Hôtel d'Andlau-Klinglin, Hôtel de Neuwiller, entre moitos outros. A illa tamén alberga o Pazo episcopal da Arquidiocese de Estrasburgo.[3]

Para marcar a condición de Grande Île como Patrimonio da Humanidade, colocáronse 22 placas de latón nas pontes que dan acceso á illa.[3]

Galería


Notas

Referencias
  1. 1,0 1,1 "Strasbourg, Grande-Île and Neustadt". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  2. Strasbourg Grand ile 495
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Office de Tourisme de Strasbourg". Arquivado dende o orixinal o 2005-10-29. Consultado o 2005-10-29. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas