Granada 74 Club de Fútbol

Granada 74
NomeGranada 74 Club de Fútbol
Alcume(s)O 74
Fundación2007
Desaparición2009
EstadioLa Victoria de Pinos Puente
España Granada, España
Inauguración1997
Capacidade4.400 espectadores
Na casa
Fóra

O Granada 74 Club de Fútbol foi un club de fútbol da cidade de Granada, en España. En xullo de 2007 un empresario granadino compra o Club de Fútbol Ciudad de Murcia e trasládao a Granada, cambiando o seu nome e os seus distintivos polos do Granada 74, do que era presidente. Desaparece en 2009.

Historia

O CP Granada 74 fundouse en 1974 no popular barrio de La Chana de Granada, pasando despois a Almanjayar. Logo de varios anos en Terceira e Rexional, a súa historia cambiaría radicalmente. O 6 de xuño de 2007 o seu presidente, Carlos Marsá, un investidor madrileño fincado en Granada, adquiriu o CF Ciudad de Murcia, que militaba en Segunda División e transferiuno a Granada, creando así o Granada 74 Club de Fútbol ao adoptar o nome e os distintivos do histórico club granadino. No entanto, o antigo Club Polideportivo Granada 74 non desapareceu, senón que se converteu en filial do novo Granada 74 de Segunda División.

O novo Granada 74 só conservou do Ciudad de Murcia a 8 xogadores do seu persoal e a praza para xogar en Segunda División. Con todo, a FIFA, a UEFA e a Real Federación Española de Fútbol opuxéronse a que o club militase na Segunda División porque consideraban que se trataba dun ascenso de categoría logrado por medios económicos, no canto de méritos deportivos. A LFP, a Federación Andaluza de Fútbol e o Consello Superior de Deportes apoiaron ao club, xa que consideraban que non se produciu unha compra de praza, senón un cambio de residencia e de nome dunha Sociedade Anónima Deportiva, o Ciudad de Murcia, que culminara na cuarta posición a pasada tempada, polo cal tiña dereito a seguir en Segunda. O Tribunal de Arbitraxe (TAS) deu a razón ao club, que podía militar en Segunda División.[1]

O primeiro partido oficial do Granada 74 foi no estadio Ramón de Carranza de Cádiz, ante o equipo local, o Cádiz CF, o día 25 de agosto de 2007, gañando os cadistas por 2-1. O primeiro partido oficial de local foi unha semana despois, ante o Hércules de Alacant, partido que terminou con vitoria herculana por 2-3. A primeira vitoria do Granada 74 foi o 5 de setembro de 2007, ao vencer por 1-0 ao Sporting de Gijón nun partido da Copa do Rei.

A súa primeira tempada de existencia saldouse co descenso a Segunda B. Na súa seguinte campaña, xa en Segunda División B, volveu descender, esta vez a Terceira División. Terminada a tempada o club non fai fronte aos pagos cos seus xogadores, polo que é descendido a Primeira Andaluza e desaparece.[2]

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 0

Historial

Tempada Categoría Posición Copa do Rei
2007/08 2ª División 21º 1/16 de final
2008/09 2ª División B 18º 3ª Eliminatoria

Xogadores

Xogadores destacados

Notas

  1. A LFP gaña no TAS o caso do Granada 74
  2. "O Granada 74 non paga e vese abocado á desaparición". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 06 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos