O Gran Buda de Leshan (en chinés: 乐山大佛) é unha estatua de pedra de 71 m de alto construída durante a dinastía Tang. Está esculpida no cantil que se atopa na confluencia dos ríos Min, Dadu e Qingyi, ao sur da provincia chinesa de Sichuan, preto da cidade de Leshan.
Trátase da meirande estatua de pedra do mundo.[1] Tamén é a maior estatua do mundo que se conserva e que foi construída antes da Idade Moderna. Tanto a paisaxe panorámica do Monte Emei como a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos