No estudo da linguaxe, a descrición, ou lingüística descritiva, é o traballo de analizar e describir obxectivamente como unha lingua é falada (ou como era falada antano) por un grupo de persoas ou unha comunidade. Todo o traballo de investigación no eido da lingüística é descritivo; coma noutras ciencias, o seu obxectivo é observar o mundo lingüístico tal e como é, polo miúdo e sen interferencias ou ideas preconcevidas de como debería ser. A lingüística descritiva moderna baséase nun achegamento estrutural á linguaxe, como se exemplifica no traballo de Leonard Bloomfield entre outros. O descritivismo é a a corrente que cre que a descrición é máis significante ou importante para o estudo, a práctica e a ensinanza cá prescrición. A descrición lingüística adoita estar contrarrestada pola prescrición lingüística, a cal atópase principalmente no eido educativo e editorial. A prescrición busca definir as formas da lingua estándar e dar consello no emprego efectivo da lingua.
Finalidades
Unha descrición língüística considérase axeitadamente descritiva cando cumpre unha ou máis das seguintes finalidades:
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre.