O gradiente adiabático saturado (GAN) é un fenómeno atmosférico que é englobado dentro dos gradientes adiabáticos (seco e saturado) e que consiste nunha variación descendente da temperatura que experimenten as masas de aire da atmosfera en movemento vertical, debido a unha condensación do vapor de auga existente no aire.
Proceso
A medida que ascende a altitude da columna de aire na atmosfera, este aire está sometido a unha menor presión atmosférica, polo que o aire, como calquera gas, tende a expandirse. Isto provoca un descenso da temperatura que oscila entre os 0,3 °C e os 0,6 °C por cada 100 metros.
Este gradiente é menor có gradiente adiabático seco, xa que o gradiente adiabático saturado prodúcese cando a humidade relativa do aire alcanza o 100%. Cando isto ocorre, o aire condénsase producindo o chamado resío, nunha reacción de condensación. Este tipo de reaccións son exotérmicas, é dicir, liberan calor, polo que o gradiente adiabático saturado sempre é menor có gradiente adiabático seco.
Gráficas
Para explicar esas variacións de temperaturas empréganse gráficas ou diagramas. As máis comúns son a gráfica altitude/temperatura, aínda que hai outras máis complexas que tamén expresan o peso do aire, a súa densidade, ou a súa humidade.