Google Nexus é unha liña de dispositivos móbiles que empregan o sistema operativo Android desenvolvido por Google en colaboración con fabricantes de hardware.
Os dispositivos da serie Nexus[1] foron considerados os produtos Android insignia de Google. Non teñen modificacións realizadas polo operador de telefonía, nin polos fabricantes, e ademais teñen un xestor de inicio non bloqueado,[2] para permitir un maior desenvolvemento e individualización do usuario final.
Coa expansión da liña de produtos Google Pixel a finais de 2016, Google declarou que eles "non querían pechar a porta completamente, pero non hai plans agora mesmo de facer máis dispositivos Nexus".[3] En 2017, Google colaborou con HMD Global para fabricar novos teléfonos Nokia, que foi considerado por moitos como unha recuperación de Nexus.[4][5][6][7]
O Nexus One foi fabricado por HTC e lanzado en xaneiro do 2010 como o primeiro teléfono Nexus. Foi lanzado con Android 2.1 Eclair, e foi actualizado en maio de 2010 como o primeiro teléfono con Android 2.2 Froyo. Logo, este foi actualizado a Android 2.3 Gingerbread. Anunciouse que Google deixaría de dar soporte ao Nexus One, cuxa unidade de procesamento gráfico (GPU, Adreno 200) é deficiente na prestación no novo moto de aceleración 2D da interface de usuario de Android 4.0 Ice Cream Sandwich. O Nexus S e os novos modelos teñen un hardware para manexar a nova tecnoloxía de renderizado.
Display: 3.7" display con 800×480 píxeles de resolución
O Nexus S, fabricado por Samsung, lanzouse en decembro de 2010, coincidindo co lanzamento de Android 2.3 Gingerbread. En decembro de 2011, actualizouse a Android 4.0 Ice Cream Sandwich, coa maioría das variacións, máis tarde este sería actualizado a Android 4.1 Jelly Bean en xullo de 2012.[8]
Display: 4.0" display con 800×480 píxeles de resolución
O Galaxy Nexus, fabricado por Samsung, foi lanzado en novembro de 2011 (versión GSM, EE.UU. lanzado por Verizon o 15 de decembro do 2011), coincidindo co lanzamento de Android 4.0 Ice Cream Sandwich. Actualízase á versión do software Android 4.2.2 (Jelly Bean) a mediados de febreiro de 2013 e en xullo do mesmo ano actualizouse a Jelly Bean 4.3
Display: 4.65" HD Super AMOLED display con 1280×720 píxeles de resolución
O Nexus 4 é o primeiro teléfono intelixente da gama Google Nexus fabricado por LG. Trátase do primeiro dispositivo Android coa versión Android 4.2 de Jelly Bean. O Nexus 4 ten unha pantalla táctil de 4,7 polgadas (1280 x 768 píxeles de resolución), Corning Gorilla Glass 2, un procesador de 1,5 GHz Qualcomm Snapdragon S4 Pro, cámara principal de 8 MP, unha cámara frontal de 1,3 MP, e é o primeiro dispositivo Nexus en ter capacidades de carga sen cables. O prezo era de 199 dólares EE.UU para o de 8 GB e 249 para a versión de 16 GB, prezo que anteriormente ao 28 de agosto do 2013 era 100 dólares máis caro, debido á contraposta feita por Google cara Apple. T-Mobile EE.UU. anunciou que vendería o teléfono dende o 14 de novembro de 2012. Estivo dispoñible para Android 5.1 en abril de 2015.[9]
Display: 4.7" Corning Gorilla Glass 2, True HD IPS Plus capacitive touchscreen, 768×1280 píxeles de resolución, 16M cores
O Nexus 5 é un teléfono intelixente de alta gama desenvolto por Google en colaboración con LG. É a quinta xeración da gama Nexus. Caracterízase por posuír unha cámara de 8 MP OIS, pantalla IPS LCD capacitiva. Ten unha capacidade de almacenaxe de 16 GB ou 32 GB, non dispón de rañura para MicroSd externa. Algúns usuarios reportaron problemas cos altofalantes, o brillo da pantalla ou a pouca duración da batería cun uso intenso. Saíu ao mercado o 31 de outubro do 2013, coa versión de Android 4.4 Kit Kat. En poucas horas esgotouse a versión de 16 GB mentres que a de 32 GB esgotouse aos poucos días do lanzamento. O Nexus 5 will non tivo unha actualización oficial Android 7.0 Nougat,[10] o cal quere dicir que Android 6.0.1 Marshmallow é a última versión oficial de Android para este dispositivo.
O Nexus 6 é un teléfono intelixente desenvolvido por Motorola, orixinalmente con sistema Android 5.0 Lollipop (actualizado a Android 7.1.1 Nougat).[12] Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 cunto co Nexus 9 e o Nexus Player.[13][14]
Display: 5.96" Quad HD AMOLED PenTile (RGBG) display con 1440×2560 píxeles de resolución (493 ppi)
O Nexus 5X é un teléfono intelixente desenvolvido por LG, orixinalmente cun sistema Android 6.0 Marshmallow. Foi anunciado por vez primeira o 29 de setembro de 2015, xunto co Nexus 6P e varios outros dispositivos de Google (como a tablet Pixel C).[15]
Display: 5.2" FHD LCD display con 1080×1920 píxeles de resolución (423ppi)
O Nexus 6P é un teléfono intelixente desenvolvido por Huawei cun sistema orixinalmente Android 6.0 Marshmallow. Foi anunciado por vez primeira o 29 de setembro de 2015 xunto co Nexus 5X e outros dispositivos Google (como a tablet Pixel C).[17]
Display: 5.7" WQHD AMOLED display con 1440×2560 píxeles de resolución (518ppi)
O27 de xuño de 2012, na apertura do Google I/O 2012, a compañía mostrou o Nexus 7, unha tableta de 7 polgadas desenvolvida por Asus. A tableta, que serve como o primeiro dispositivo en executar Android 4.1, pon a disposición os contidos dispoñibles a través de Google Play, incluíndo libros electrónicos, música e vídeo. O seu factor de forma e prezo pona en competencia directa con dispositivos como o Kindle Fire, que executa unha versión derivada de Android.
Máis tarde lanzouse outra versión do Nexus 7, á que se denominou Nexus 7 2013
Display: 7" display with 1280×800 píxeles de resolución
O 24 de xullo de 2013, na conferencia de prensa de Google "Breakfast with Sundar Pichai", Pichai presentou a segunda xeración de Nexus 7, outra vez desenvolvida conxuntamente con Asus. Segundo a tradición de Google Nexus, foi lanzado simultaneamente coa última versión, Android 4.3 Jelly Bean. Estivo dispoñible a partir do 26 de xullo de 2013 en tendas escollidas e na tenda Google Play nos Estados Unidos.[20] O 20 de novembro de 2013, estivo dispoñible nas tendas Google Play de Hong Kong e a India. Ese mesmo día, o Nexus Wireless Charger estivo dispoñible nos Estados Unidos e o Canadá.[21] En decembro de 2015, Google lanzou Android 6.0.1 Marshmallow para o dispositivo.[22] O Nexus 7 (2013) non tivo unha actualización oficial de Android 7.0 Nougat,[10] o cal quere dicir que Android 6.0.1 Marshmallow é a última versión Android que está dispoñible para esta versión de tablet.
Display: 7.02" display with 1920×1200 píxeles de resolución
O Nexus 10, é unha tableta de 10 polgadas fabricada por Samsung, foi revelado a finais de outubro de 2012, polos datos de EXIF, fotos tomadas por un executivo de Google, xunto cas filtración do seu manual e unha serie completa de fotos. As fotos filtradas revelan un deseño similar ao Samsung Galaxy Note 10.1, 10.1 polgadas cunha resolución de 2560 x 1600 e 300ppp, 16 GB de almacenamento, Android 4.2 e un procesador dual-core a 1.7 GHz, Exynos 5. Esperábase co Nexus 10 fose presentado oficialmente durante unha conferencia de prensa de Google o 29 de outubro de 2012, pero o evento foi posposto debido ao furacán Sandy.[23][24]
Display: 10.1" Corning Gorilla Glass 2 con 2560×1600 píxeles de resolución
O Nexus 9 é unha tablet de 8,9 polgadas con sistema Android 5.0 Lollipop, desenvolvido en colaboración entre Google e HTC. Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 xunto co Nexus 6 e o Nexus Player.[13]
Display: 8.9" Corning Gorilla Glass 3 con 2048×1536 píxeles de resolución
O Nexus Q é un dispositivo streaming multimedia de forma esférica que forma parte da familia de produtos Google Nexus. Vendeuse nos Estados Unidos por 299 dólares. Despois de queixas pola falta de innovacións polo prezo, o Nexus Q foi arquivado indefinidamente; Google declarou que precisaba tempo para facer o produto "aínda mellor".[25] O Nexus Q foi substituído de xeito non oficial por Chromecast, e posteriormente por Nexus Player.
O Nexus Player é un dispositivo streaming multimedia creado conxuntamente entre Google e Asus. É o primeiro dispositivo dispoñible para Android TV. Foi anunciado por vez primeira o 15 de outubro de 2014 ó mesmo tempo que Nexus 6 e Nexus 9.[13] O 24 de maio de 2016, Google interrompeu as vendas de Nexus Player.[26] En marzo de 2018, Google confirmou que Nexus Player non recibiría a nova versión de Android, Android P, e as actualizacións de seguridade tampouco estarían dispoñibles para o dispositivo.[27]
↑"Nexus Player". Google Nexus. Google Inc. 15 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2014.