Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Goma.
Para ter información do explosivo ver o artigo: Goma-2
Goma 2 foi un grupo galego de rock da década de 1970.
Membros
Historia
Goma 2 nace en Portonovo, inicialmente co nome de Os Vieiras como grupo de gaitas, e despois chamáronse Brebaxe como grupo de verbenas, a mediados dos anos 70. Os seus inicios estiveron caracterizados por ser abreconcertos de Miguel Ríos en Ponteareas e de Triana en Pontevedra e Noia, así como por encabezar o cartel do Porto Rock Novo.
En 1979 trasládanse a Madrid e gravan o seu único álbum, Goma 2. Este disco, integramente en galego, pódese considerar histórico xa é un dos que marca o inicio do rock galego, comezando a usar a gaita combinada con guitarras eléctricas para facer rock.
Pouco despois e por diversos motivos (servizo militar dos integrantes, discrepancias coa discográfica...) o grupo disolveríase.
Discografía
Notas
- ↑ "Goma 2". Consultado o 14 de novembro de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas