O golpe é unha variante da muiñeira de ritmo lento na que non se executan figuras colectivas senón puntos diferentes para cada unha das parellas[1].
Recorrendo ao cancioneiro de Casto Sampedro, algúns autores dubidan de que existan suficientes diferenzas morfolóxicas e ritmicas como para xustificar a súa diferenciación da muiñeira. Estes analistas atopan só diferenzas no tempo musical, mais lento que o da muiñeira[2].
Notas
- ↑ Costa Vázquez-Mariño, Luis (1997). "9. A danza e o baile". Galicia. Antropoloxia 25. Hercules ediciones. p. 458.
- ↑ Cañada, Silverio (ed.). Gran enciclopedia galega Silverio Cañada XXXI. El progreso- Diario de Pontevedra. p. 67.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas