Gold Coast United Football Club

Gold Coast United
NomeGold Coast United Football Club
Fundación2008 ((16 anos))
EstadioRobina Stadium
Costa de Ouro,
Australia
Capacidade27.400
LigaA-League
A-League 2010-114º (liga regular)
Na rede
http://www.goldcoastunited.com.au/
Twitter: gogcu Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Gold Coast United Football Club foi equipo de fútbol profesional de Australia, situado na Costa de Ouro de Queensland. Foi fundado en 2008 e xogou na A-League dende o 2009 ata 2012.

A orixe do club xorde a través dun estudo, por parte da A-League, dunha futura expansión do campionato a 10 equipos. A partir de aí varios empresarios liderados por Fred Taplin decidiron formar un consorcio, baixo o nome de Gold Coast Galaxy FC. A súa intención era participar na tempada 2008-09 xunto con outro equipo, North Queensland Thunder. Galaxy cumpría coas condicións para ingresar, pero varios problemas no equipo dos Thunder provocaron que a organización da liga pospuxese o ingreso de Gold Coast, alegando que unha liga con nove formacións estaría descompensada. Durante esa tempada soaron varios xogadores como Nwankwo Kanu ou Felipe de Souza Campos, pero ao non meterse en liga as negociacións romperon.

Na tempada 2009-10 Gold Coast foi unha das dúas franquías admitidas na expansión da A-League. Para entón a franquía estaba dirixida por un novo equipo empresarial liderado por Clive Palmer, quen asinou un acordo coa Federación de Fútbol de Australia para encargarse dun equipo de fútbol para a tempada 2009-10. O club pasou a chamarse Gold Coast United FC, e comezou a reforzarse con importantes adquisicións como a de Jason Čulina, como xogador franquía do club, o porteiro Jess Vanstrattan ou o dianteiro Shane Smeltz entre outros. No seu debut terminaron terceiros en liga e caeron na primeira rolda da fase final fronte a Newcastle Jets.

Finalmente, a Federación australiana expulsou o Gold Coast United da A-League o 29 de febreiro de 2012.[1] O seu substituto será unha franquía situada no oeste de Sydney.

Notas

  1. Herald Sun, ed. (29 de febreiro de 2012). "A-League revokes Gold Coast licence" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012.