O Goberno da Rioxa é, xunto ao Parlamento e ao presidente rexionais, un dos tres órganos institucionais da comunidade autónoma da Rioxa (España). Componse do presidente autonómico, o vicepresidente ou vicepresidentes, no seu caso, e os conselleiros.
Funcións
O Goberno da Rioxa exerce o poder executivo e a administración da comunidade autónoma. As súas funcións detállanse no artigo 24 do Estatuto de Autonomía.[1] En particular:
- Exerce a potestade regulamentaria que non pertence ao Parlamento.
- Interpón recursos ante o Tribunal Constitucional.
- Executa as funcións que se deriven do ordenamento xurídico estatal e rexional.
Estrutura
A estrutura do goberno é variable, xa que corresponde ao presidente designar o número e composición do mesmo. A estrutura actual (2011) é:
Sede
A sede do Goberno da Rioxa atópase na antiga Deputación Provincial, no centro de Logroño.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas