Glauco de Atenas (en latín Glaucus, en grego Γλαῦκος, Glaukos) foi un poeta grego, cuxos epigramas foron moitas veces confundidos cos de Glauco de Nicópole.
Traxectoria
Na Antoloxía grega hai seis epigramas, o primeiro, segundo, cuarto e quinto etiquetados como Γλαύκου, o terceiro como Γλαύκου Ἀθηναίου e o sexto como Γλαύκου Νικοπολίτα. Son os catro primeiros os que se confunden. Pola súa análise parece que tería escrito o terceiro, cuarto e quinto, epigramas que falan de obras de arte, mentres que os outros serían de Glauco de Nicópole. Algúns opinan que todos os epigramas deberían ser atribuídos só a Glauco de Atenas [1].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Smith, William, ed. (1867). A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology (en inglés). Vol. II. Boston: Little, Brown and Company.