Gerald Ashmore nado en West Bromwich, Staffordshire o 25 de xullo de 1936[1] e finado o 25 de agosto de 2021,[2] foi un piloto de carreiras británico de Inglaterra. Participou en catro Grandes Premios do campionato do mundo de Fórmula 1, non anotando ningún punto de campionato.[3]
Ashmore comezou a súa carreira na Fórmula Júnior xunto co seu irmán Chris en 1960.[1] Máis tarde ese ano competiu en Zeltweg e Innsbruck, terminando terceiro detrás de Hans Herrmann e Wolfgang von Trips.[1] En 1961 trasladouse á Fórmula Un cun Lotus 18 privado,[1] e obtivo un segundo lugar no Gran Premio de Nápoles de 1961,[1] logo de lograr a pole position.[3] Participou no Gran Premio do Reino Unido de 1961, pero retirouse logo de só unhas voltas.[1] A súa última aparición nun acontecemento do campionato do mundo foi no seu Lotus en 1962 en Monza, onde non cualificou.[4]
Resultados
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Fóra de Campionato
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Drivers: Gerry Ashmore". grandprix.com. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ Gerry Ashmore (1936–2021)
- ↑ 3,0 3,1 "Drivers / Gerry Ashmore". ESPN. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ "Grand Prix Results: Italian GP, 1962". grandprix.com. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 38. ISBN 978-0851127026
Véxase tamén
Ligazóns externas