Germán Rego González foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Ramón Rego Villamil e Remedios González. Foi concelleiro en Mondoñedo en 1922. Na Segunda República foi elixido alcalde de Mondoñedo, tomando posesión o 18 de xuño de 1931.[1] Cesou como concelleiro o 4 de marzo de 1936. Dono da fábrica de mármore A Competidora Universal en Lousada (Sasdónigas).
Vida persoal
Casou en 1932 con María del Carmen Díaz-Portas Núñez de Rego, filla de Fermín Díaz-Portas Fernández,[2] e foi pai de José Ramón, María del Carmen e María Victoria Rego Díaz-Portas.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 25-6-1931, p. 8.
- ↑ El Ideal Gallego, 3-4-1932, p. 8.
Véxase tamén
Ligazóns externas