Germán López González, coñecido como Barriolo, nado en Moreda (Vilaescura, Sober) o 23 de maio de 1899, foi un político galego.
Traxectoria
Emigrou a América sendo mozo. Albanel. Foi vogal da Agrupación Socialista e presidente da UGT do Saviñao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte ante o temor a ser axustizado. Marchou a Santiago de Compostela, onde foi detido o 18 de agosto. Sácano de madrugada xunto con outros para pasealo, pero logrou escapar na Estación de tren. Volveu a Escairón, onde fixo un zulo no que se agachou. Foi declarado en rebeldía en causa aberta en 1938. Ao rematar a guerra presentouse ao Gobernador civil. Foi detido o 12 de xullo de 1939 e internado na Prisión de Monforte de Lemos para ser trasladado á prisión de Lugo o 31 dese mes.[1] Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión o 28 de marzo de 1940 na causa 729/36 con José Ferreiro Pérez, foi condenado a 12 anos de prisión. Reducida a pena a un ano e un día, saíu en liberdade provisional o 26 de agosto de 1940.[2]
Vida persoal
Casou con Josefa Quiroga Losada en 1926.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- López Quiroga, Germán (2007). Historia de un paseo. Santiago de Compostela: Autoedición.
- Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. p. 349. ISBN 978-84-95773-26-5.
Ligazóns externas