Gerardo Neira Flórez, nado en 1839 e finado na Pobra do Caramiñal o 10 de abril de 1913[1], foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Ramón Neira Torre. Dono do Pazo de Saa en Sadurnín (Cenlle) e do pazo de Brandeso (en Brandeso, Arzúa). Casou con Eugenia Gasset Artime, irmá de Eduardo Gasset Artime. Foi secretario da Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón nas eleccións de 1871 substituíndo ao seu cuñado Eduardo Gasset. En 1876 foi elixido polo distrito de Ordes. Foi gobernador civil de Ourense e Subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza. Foi membro activo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago[2].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas