Gerardo María Díaz, nado en Hermunde (Pol) en 1893 e finado en Córdoba, Arxentina, en 1981, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Emigrou á Arxentina a principios do século XX. Xastre de profesión. Integrouse na sociedade Unión de Pol y Castro de Rey, da que foi directivo. Participou na constitución da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. En 1937, ao producirse a unificación das dúas Federacións na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, foi nomeado secretario xeral.[1] Colaborou en Galicia. Foi o delegado da Federación no Congreso dos Pobos pola Paz celebrado en Viena en decembro de 1952.
Notas
- ↑ A Nosa Terra, xullo-1951, p. 6.
Véxase tamén
Bibliografía