Georgios Dedas (en grego: Γιώργος Δέδας, tamén: Giorgos Dedas), nado o 2 de xaneiro de 1980, é un ex xogador profesional de baloncesto grego. Cunha altura de 2,00 metros, xogaba na posición de ala.
Traxectoria
Debutou como profesional nas filas do Ment da A2, división de prata de Grecia, o seu país natal. Na tempada 2003-04 asinaría polo Iraklis de Tesalónica da A1 Ethniki, onde permaneceu até que o Breogán Lugo da liga LEB Ouro o fichase en 2006 para substituír o lituano Zavackas. Antes, fora un dos integrantes da selección nacional grega nos Xogos Mediterráneos de 2005.
Na tempada 2007-08 ficha polo Beirasar Rosalía, tamén de LEB Ouro, equipo ao que axuda a chegar aos playoffs de ascenso á liga ACB. Unha tempada máis tarde, no mesmo equipo non pode evitar o descenso tras unha serie de malos resultados deportivos.
En xullo de 2009 chega a un acordo co Cáceres 2016 da mesma categoría para reforzar o perímetro acompañando a Lucio Angulo, Francis Sánchez e Xavi Forcada, onde se converteu no xogador máis efectivo do equipo máis aló da liña de 6,75. En agosto de 2010 confírmase o seu regreso ao baloncesto heleno tras acandar un acordo co PAOK Thessaloniki da A1 Ethniki.
Equipos
Véxase tamén
Ligazóns externas