O Geophysical Research Satellite (coñecido co acrónimo GRS, tamén denominado CRL 1, Cambridge Research Lab 1) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 28 de xuño de 1963 mediante un foguete Scout X4 desde a base de Wallops Island.[2][5][6]
Características
Construíuno o Cambridge Research Lab. Tras o lanzamento o satélite conseguiu obter datos durante 13 órbitas ata que un fallo no seu sistema de enerxía deixouno inservible.[5]
O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1304 km de apoxeo e 430 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49,75 graos e un período orbital de 102,85 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 14 de decembro de 1983.[1]
Experimentos
GRS levaba a bordo tres experimentos:[5]
- Aerospace Composition: espectrómetro de masas para medir a distribución de ións na parte superior da ionosfera, entre 420 e 1200 km.
- Retarding Potential Analyzer: analizador de potencial retardado para medir os fotoelectróns con enerxías de máis de 60 eV e os ións con enerxías por enriba de 30 eV.
- Un medidor de radiación.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRS" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Geophysical Research Sat" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 27 August 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (63-18428): 2. 30 de agosto de 1963. Consultado o 24 de marzo de 2020formato=PDF.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "GRS" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GRS (CRL 1)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "GRS" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013.